Feliz Día das Nais
No Día da Nai, A Casa de Galicia abraza a todas as nais da nosa colectividade galega no Uruguai.
Ás que cruzaron o océano cos seus fillos en brazos, deixando atrás a súa terra para construír unha vida nova.
Ás que gardaron o idioma, as cancións e as tradicións no fogar, manténdoas vivas de xeración en xeración. Ás que ensinaron a amar Galicia desde a distancia, transmitindo esa identidade con orgullo e tenrura.
Hoxe lembrámolas e homenaxeámolas a todas, ás que están e ás que xa non están, pero seguen presentes en cada xesto, en cada palabra en galego, en cada aturuxo de alegría que resoa na nosa colectividade.
Grazas, nais. Por todo.
