Temos o pracer de invitar a todos os nosos socios a participar nas nosas actividades. Lembrámosche que son gratuítos para todos os nosos socios, se aínda non es socio podes unirte aquí.
Este ano teremos os seguintes cursos:
- Gaita e percusión galega:
Se che gusta a música galega ou celta, non perdas esta oportunidade de aprender a tocar a gaita, o tambor, o bombo ou a pandeireta. Non se necesitan coñecementos previos.
Se tes entre 7 e 101 anos (e máis…) agardámoste!
Por outra banda, se sabes tocar algún instrumento (guitarra, frauta, acordeón, etc.) e queres formar parte do grupo, tamén te esperamos.
Ven en directo e goza da música celta!
As clases son os mércores de 18:30 a 20:00 h. A partir do mércores 15 de marzo.
A cargo de: Carlitos González - Danza Galega:
Curso de baile galego para principiantes a partir de 6 anos, non é necesario ningún coñecemento previo.
As clases son os xoves ás 19:00 h. A partir do xoves 13 de abril.
A cargo de: Milagros García
Tamén teremos as seguintes actividades:
- Días de cartas e dominó
Xornada de confraternización para practicar as cartas e o dominó. Sen límites de idade.
As sesións serán os xoves ás 18.00 horas. A partir do xoves 13 de abril. - Ensaios do grupo de baile «Obradoiro»
Obradoiro comeza a moverse, pouco a pouco para ir poñendo corpo e mente en forma, para todos os que o desexen, máis con fundamentos de danza.
Os ensaios serán os luns de 20:00 a 22:00 horas. A partir do luns 10 de abril.
Todos os nosos cursos e actividades terán lugar no Centro Ourensan de Montevideo (Centro Orensano), Ana Monterroso de Lavalleja 2001
Lembrámosvos que calquera consulta pode consultarse no: 092 242 610
Podes inscribirte en calquera dos nosos cursos e actividades por WhatsApp no 092 242 610
Agardaremos por ti!