Señor presidente do Parlamento de Galicia
Don Miguel Ángel Santalices Vieira
Da nosa consideración:
O 5 de abril do 2022 un grupo de emigrantes e descendentes galegos fundabamos a asociación civil A Casa de Galicia Centro Histórico Cultural, coa finalidade primaria de recuperar o patrimonio cultural da mutua galega Casa de Galicia de Montevideo.
Nestes pouco máis de dous anos, logramos xunto á Xunta de Galicia rescatar do remate xudicial da mutua galega máis grande da diáspora, os bens culturais adquiridos pola institución que fundase José María Barreiro xunto a un grupo de emigrantes en 1917, así como tamén o Panteón Social Casa de Galicia situado no Cemiterio Parque do Norte, que ademais de constituír un patrimonio arquitectónico de identidade galega, conserva alí terras traídas das catro provincias, e miles de restos de emigrantes e descendentes galegos, entre eles moitos dos que fundaron e construíron o rico patrimonio da que foi exemplo de solidariedade da colectividade galega do Uruguai.
Este venres 15 a 80 anos da creación do Consello de Galicia na nosa sede social da avenida 18 de Julio, non queremos estar alleos ao acto institucional que realizará o Parlamento Galego onde Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será recoñecido como «presidente do Consello dá Galiza». Sen dúbida será unha oportunidade que compartimos para que Castelao, pola súa condición de presidente do Consello, sexa proclamado como primeiro presidente de Galicia.
Na actual sede social, xa que o edificio onde se fundou o Consello foi rematado xudicialmente, temos a placa que lembra tal acontecemento, e estamos a realizar as xestións perante a Intendencia de Montevideo e as autoridades correspondentes, para que na beirarrua fronte ao predio colóquese un “sitio da memoria galega” onde conste este acontecemento que irmanou definitivamente a Uruguai con Galicia.
Acerca deste vínculo, quedou claramente establecido na celebración do noveno aniversario do Estatuto de 1936, cando no Ateneo de Montevideo o 30 de xuño de 1945 Castelao dicía perante unha sala chea:
“en este acto gallego hablamos en castellano porque queremos dirigirnos a todos los españoles demócratas, teniendo como testigos a los hombres siempre libres del Uruguay.
Para nosotros, los gallegos, el Plata es algo así como la metrópoli ideal de una Galicia libre, y por eso hemos venido hoy a esta capital para irradiar desde aquí nuestras ansias de libertad republicana.
Yo debiera construir ahora mismo un párrafo muy brillante para dar gracias a las autoridades de este país, a sus instituciones culturales y artísticas, a los dirigentes de esta docta casa, al pueblo uruguayo en general. Pero con palabras no se demuestra el agradecimiento; y yo espero que algún día, cuando estemos allá, en nuestra patria, podamos demostrar con alguna obra o con algún hecho el agradecimiento que a este país le debemos”.
Sumados todos os nosos socios, e seguramente a colectividade galega do Uruguai, adherimos a este acto institucional que non fai máis que recoñecer a nosa historia transitada na diáspora.
Reciba o noso fraternal saúdo
María del Carmen Fernández Salgueiro
Presidenta
A Casa de Galicia Centro Histórico Cultural