O Día do Libro celebrouse na nosa sede con música, libros e sabores galegos
O pasado xoves 24 de abril, A Casa de Galicia Centro Histórico-Cultural celebrou o Día do Libro na nosa sede Fillas de Galicia cunha velada íntima e cálida que reuniu a socios e amigos.
A charla estivo a cargo do Profesor Santiago Inguanzo, que deleitou aos presentes cunha apaixonante intervención que invitou a reflexionar sobre a palabra, a literatura e a identidade cultural galega.
Como xesto de recoñecemento, cada asistente recibiu o agasallo dunha flor e un libro — un detalle que resume o espírito da institución: cultivar a cultura e o afecto en igual medida.
A velada pechou da mellor maneira: con música tradicional galega en directo, café, refresco e as imprescindibles rosquillas que endulzaron unha noite para o recordo.





















