Directores de A Casa de Galicia reuníronse este venres, 22 de xullo, en Montevideo co secretario xeral de Emigración Antonio Rodríguez Miranda, o secretario xeral de Políticas Culturais Anxo Lorenzo, a nova delegada da Xunta de Galicia en Uruguai Elvira Domínguez e o delegado da Xunta de Galicia na Arxentina Alejandro López Dobarro, para considerar a recuperación do patrimonio histórico cultural da Casa de Galicia, composto non só por bens mobles senón tamén polo Panteón Social. Expuxéronse ademas os esforzos na procura dunha nova sede social, ademais de cubrir os trámites necesarios para a recuperación da galeguidade.
Por A casa de Galicia Centro Histórico Cultural de Montevideo participaron o seu presidente Ismael Martinez, o vicepresidente Jose Antonio Antelo, a secretaria Maria del Carmen Salgueiro e o tesoureiro Jose Maria Barbeito.