Felicitamos ás nosas xogadoras: Alicia Magallanes, María Belén Silva, Rocío Fuentes e Paola Cantero, que competiron a pasada fin de semana no Centro Galicia de Bos Aires, representando espléndidamente á nosa asociación. Estamos moi orgullosos deste equipo, formado en tan pouco tempo, que xa nos representou no torneo disputado no Centro S. y D. Valle Miñor con motivo do seu aniversario.


Aproveitamos para agradecer ao Centro Social e Deportivo de Bolos Valle Miñor por ter colaborado con A Casa de Galicia neste proxecto dende o primeiro momento, abrindo as portas das súas instalacións para a práctica deste deporte, fomentando a nosa participación, ensinando e orientando a os nosos xogadores na práctica da mesma, dun xeito totalmente desinteresado.


Convidamos a todos os socios a participar na práctica deste deporte, para unirte ao equipo podes contactar connosco a través do noso correo electrónico: info@acasadegalicia.uy ou WhatsApp no ​​092 242 610.

Registrate en nuestro boletín informativo

Registrate en nuestro boletín informativo

Unite a nuestro boletón informativo para recibir las últimas noticias y novedades de nuestra asociación.

¡Has sido registrado correctamente!