A CASA DE GALICIA CENTRO HISTÓRICO CULTURAL,
CONTINUIDADE HISTÓRICA DA CASA DE GALICIA DE MONTEVIDEO,
ADHIRE CON MOITO AGARIMO Á CELEBRACIÓN DA 59 EDICIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN LEMBRANZA A FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

Nacido o 27 de agosto de 1903 en Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, Provincia de Ourense.

Foi un escritor español en lingua galega.

O compromiso e o apego á súa terra levouno a vincularse ás Irmandades da Fala, ao Partido Galeguista e ao Partido Nacionalista Republicano de Ourense.

Coa Guerra Civil tivo que exiliarse en México no ano 1939, tras pasar antes por Portugal e Francia.

Fixo de nexo entre os galegos exiliados en México durante a Guerra Civil e a ditadura e foi un gran defensor do idioma galego como parte esencial da  identidade nacional de Galicia.

En México dirixiu as revistas “Saudade” e “Vieiros”(1959).

Volveu a Galicia nos anos 1968, 1976 e 1981 (para ser pregoeiro das festas do Cristo e tomar posesión como Membro de Mérito do IEV).

Estas visitas nunca foron definitivas xa que sempre terminaba regresando a México.

O día 14 de maio de 1987, cando tiña 84 anos, morría en California, Estados Unidos.

As súas cinzas foron trasladadas á súa Córgomo natal.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE URUGUAI, DE GALICIA E DE TODOS OS GALEGOS ESPALLADOS POLO MUNDO.

DIRECTIVOS E SOCIOS DA CASA DE GALICIA CENTRO HISTÓRICO CULTURAL

Registrate en nuestro boletín informativo

Registrate en nuestro boletín informativo

Unite a nuestro boletón informativo para recibir las últimas noticias y novedades de nuestra asociación.

¡Has sido registrado correctamente!