O pasado venres 23 de xuño ás 20:00 horas abriu as súas portas a nosa sede situada en Ana Monterroso de Lavalleja 2014, que compartimos co Centro Ourensán de Montevideo para recibir aos máis de 130 socios e amigos que se sumaron á nosa celebración da noite de San Xoán. Foi unha noite marabillosa, divertida e emocionante. Compartimos unha velada de reencontro e confraternización, así como unha mostra cultural dos nosos grupos de baile e da nosa banda de gaitas e percusións, e unha gran queimada que compartimos con todos os participantes. A continuación compartimos fotos e vídeos da celebración. ¡Moitas grazas a todos os que participaron!

Registrate en nuestro boletín informativo

Registrate en nuestro boletín informativo

Unite a nuestro boletón informativo para recibir las últimas noticias y novedades de nuestra asociación.

¡Has sido registrado correctamente!